Aberta a inscrición para a Sin-Son 10K, que se celebrará o 20 de decembro entre Portosín e Porto do Son cun límite de 1.500 participantes

23 Outubro 2026

O Concello de Porto do Son celebrará o vindeiro domingo 20 de decembro unha nova edición da carreira popular Sin-Son 10K, unha cita que reunirá a deportistas nun percorrido de 10 quilómetros entre Portosín e Porto do Son e que está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.

A saída da proba absoluta está prevista para as 11:00 horas desde Portosín, con chegada ao Porto do Son. O circuíto constará dun primeiro tramo urbano de 3,55 quilómetros en Portosín con outros 6,45 quilómetros pola estrada AC-550 ata alcanzar a meta, situada na zona portuaria de Porto do Son.

O prazo de inscrición comezará o venres 23 de outubro e permanecerá aberto ata o domingo 13 de decembro ás 23:59 horas, ou ata completar o máximo de 1.500 participantes. O prezo será de 10 euros por persoa ata o 29 de novembro e de 12 euros desde o 30 de novembro ata o peche do prazo. As inscricións realizaranse a través da web oficial da carreira.

A organización habilitará diferentes opcións para a recollida de dorsais e chips, tanto nos días previos como na propia xornada da proba. Ademais, os participantes disporán dun servizo de autobuses para trasladar os participantes desde Porto do Son ata Portosín, lugar de saída da proba.

Premios, servizos e atención aos corredores

A Sin-Son 10K repartirá premios en metálico para os cinco primeiros postos da clasificación xeral: 500 euros para o primeiro clasificado, 400 euros para o segundo, 300 euros para o terceiro, 200 euros para o cuarto e 100 euros para o quinto.

Así mesmo, haberá premios específicos para os tres primeiros corredores locais, tanto homes como mulleres, que cumpran os requisitos establecidos no regulamento. Todas as persoas inscritas recibirán unha camiseta técnica e disporán de avituallamento, servizo de gardarroupa, duchas, zonas de estacionamento e asistencia sanitaria. A proba contará co control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e con medidas de organización e seguridade ao longo do percorrido.

As carreiras escolares, protagonistas o sábado 19

A programación deportiva comezará o sábado 19 de decembro coas carreiras escolares en Portosín, con saída e meta na zona portuaria a partir das 17:00 horas, e estarán dirixidas a diferentes grupos de idade, desde a categoría chupete ata a sub-16, con distancias adaptadas a cada participante. A inscrición será gratuíta e estará aberta ata o 13 de decembro ás 23:59 horas, ou ata completar as 500 prazas dispoñibles.

Máis información e inscricións nas páxinas web da proba Sin-Son 10k e do Concello do Son.

Outros artigos

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Contra a incomunicación e o illamento

Continúa o importante labor da central telefónica de atención á soidade non desexada habilitada pola Xunta A central telefónica de atención á soidade non desexada habilitada pola Xunta fai un chamamento ás galegas e aos galegos para tirar proveito do servizo e atopar,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.