Aberto o prazo para recoñecer o bo facer dos deportistas de Outes na IV Gala do Deporte Municipal

16 Outubro 2026

O Concello de Outes vén de aprobar as bases da IV Gala do Deporte Municipal do Concello de Outes que teñen como obxectivo principal recoñecer e premiar publicamente o labor das persoas e entidades que desenvolven a súa actividade deportiva no municipio e que destacan pola súa traxectoria deportiva, logros ou contribución ao fomento deportivo da vila.

Para poder optar aos diferentes recoñecementos, as persoas “terán que ser nativas do Concello de Outes e estar empadroadas nel dende o ano anterior á gala”, segundo se explican nas bases, onde se engade que tamén poderán ser galardoados neste acto os adestradores dos equipos de base de Outes, clubs ou entidades deportivas que desenvolvan actividades na vila, persoas vinculadas á información, promoción e fomento do deporte do Concello, entre outros requisitos.

O alcalde de Outes, Francisco Calo indicou en que “iniciativas coma esta reafirman o noso compromiso co deporte como ferramenta de cohesión social, promoción de saúde e orgullo comunitario. Esta gala é unha boa ocasión para celebrar os valores deportivos e render homenaxe ás persoas que fan do deporte unha paixón compartida”.

Tamén quixo destacar as inversións que se levan feito, como a mellora no campo de fútbol, as melloras na piscina municipal, no Freixo a mellora da pista de tenis.

Oito recoñecementos

En total, na gala distinguiranse un total de oito recoñecementos: mellor deportista outense en categoría masculina e feminina, mellor deportista novel, mellor adestrador/a, mellor equipo, tamén existe a categoría do mellor clube, asociación ou entidade deportiva, premio ao patrocinio e colaboración co deporte, premio ao mellor evento do ano e mencións especiais.

O concelleiro de Deportes José Antonio Caamaño, está gala quere valorar o traballo da xente no día a día do deporte, unha gala aberta a todo a veciñanza.

Calquera club, institución ou asociación, outras entidades e a propia veciñanza poderán propoñer os nomes que considerasen oportunos en todas as categorías, excepto nas mencións especiais, debidamente documentados en canto a méritos contraídos. As bases para poder facelo poden ser consultadas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello de Outes.

O prazo de candidaturas está aberto dende o 15 de outubro e ata o 15 de novembro, e presentaranse na sede electrónica do Concello de Outes ou de forma presencial no rexistro, tamén na dirección de correo electrónico deportes@outes.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.