A conselleira Fabiola García, anima ás familias galegas a participar no programa de acollemento de menores da Xunta

17 Xuño 2020

A conselleira de Política Social, a ribeirense, Fabiola García, animou ás familias galegas a participar no programa de acollemento de menores da Xunta de Galicia. Fíxoo esta mañá en Fisterra onde visitou a Begoña e Kike, unha das 730 familias acolledoras que hai en toda a comunidade e que teñen ao seu cargo a tres nenos.

Fabiola García quixo agradecerlle a esta parella, como tamén a todas as familias acolledoras de Galicia, o esforzo realizado a diario na atención, dedicación e cariño que lle prestan a estes pequenos e, en especial, durante os meses da emerxencia sanitaria provocada pola covid-19. Destacou que neste tempo ademais de ser nais e pais, asumiron o papel de profesores, amigos e tamén tiveron a difícil tarefa de xestionar a ausencia das familias biolóxicas.

A conselleira de Política Social manifestou que Galicia debe agradecer o esforzo das familias acolledoras. Por iso, trasladoulle á familia que por este esforzo nos tres meses que durou o estado de alarma, incrementouse a axuda mensual que recibían.

1300 nenas e nenos en acollemento

Cómpre recordar que as familias acolledoras, xunto cos centros residenciais, son unha das opcións do sistema de protección de menores da Xunta de Galicia. Na actualidade hai 1300 nenas e nenos que están en acollida, sexa en familia extensa ou allea.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.