O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

13 Outubro 2026

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades.

Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago, alcaldesa de Muros; Caridad González, concelleira de Cultura, e Camilo Franco, director do Culturgal.

“O Culturgal Expandido é un compromiso e unha aposta que iniciamos desde a Deputación da Coruña hai tres anos para levar unha programación cultural ás vilas medianas, polo que é unha satisfacción que este ano sexa en Muros”, asegurou Natividad González.

A alcaldesa de Muros, María Lago, destacou que “co Culturgal Expandido seremos unha vez máis o epicentro cultural da comarca esta semana”, poñendo en valor “a moi boa resposta da veciñanza á programación que temos durante todo o ano”. Lago agradeceu á área de Cultura da Deputación “que elixira Muros para esta edición”.

Caridad González engadiu que “a Deputación sabe e coñece que en Muros temos un tecido cultural forte e desde o concello preocúpanos a cultura”, amosando a súa seguridade de que “a edición do Culturgal Expandido de Muros será un éxito”.

Por último, o director do Culturgal, Camilo Franco, explicou que “a descentralización do Culturgal da resposta á enerxía cultural de concellos como Muros”, convidando a toda a veciñanza de Muros “a pasalo ben coa cultura coa programación que temos preparada”.

Programación

O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza de artistas e creadores locais, como o grupo Lisdexia e o escritor Samuel L. París, ademais de concertos, conversas literarias, programación infantil e baile tradicional.

O Culturgal Expandido comeza o venres 16 co autor, director teatral e narrador Candido Pazó (19:00 horas), para dar paso ao recital Todos poetas menos o capitán, de Samuel L. París, e ao concerto poético Cinta adhesiva de Silvia Pena e Jesús Andrade.

O sábado pola mañá, programación infantil desde as 12:00 horas con O Lobo Feliz, de Miguel Guido, e Menú de Contos, de Charo Pita.

Pola tarde, conversa literaria con Marga Tojo, Diego Ameixeiras e Carlos Lixó, concerto de Lisdexia (20:00 horas) e o espectáculo Da vara e mais da besta, con Lois Pérez e Secho.

O domingo chega a quenda do baile tradicional, cun obradoiro para todos os públicos co bailarín e coreógrafo Artur Puga, antes do fin de festa do Vén e Baila, cun chamamento a toda a veciñanza de Muros para bailar con Puga e Os Enxebres.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.