A Xunta reafirma o seu compromiso para garantir a protección dos dereitos das persoas LGTBI

18 Xuño 2020

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, reafirmou o compromiso da Xunta para garantir os dereitos de todas as persoas, con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero.

Así o explicou na reunión por videoconferencia que mantivo coa directora xeral de Diversidade Sexual e Dereitos LGTBI do Ministerio de Igualdade, Boti García, e os responsables das comunidades autónomas neste ámbito. Na súa intervención incidiu na necesidade de traballar na igualdade de trato en xeral e, en concreto, na non discriminación do colectivo LGTBI.

Natalia Prieto lembrou que a comunidade galega foi pioneira en aprobar a primeira Lei de igualdade de trato e de non discriminación deste colectivo en toda España, coa Lei 2/2014 do 14 de abril, pola igualdade de trato de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia. A norma inclúe unha abordaxe transversal da situación e dos problemas de discriminación dos que son obxecto as persoas LGTBI, así como a protección das persoas que o necesiten desde un enfoque integral.

Tamén destacou o traballo do Observatorio contra a discriminación por orientación sexual e de identidade de xénero, que contribúe ao coñecemento da realidade da diversidade de orientación sexual, servindo como garantía dos dereitos das persoas LGTBI, para analizar os seus problemas e como órgano de denuncia en materia de discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero.

A secretaria xeral da Igualdade por delegación engadiu que nos últimos anos os Centros de Información á Muller (CIM) contan cun servizo de atención directa ás persoas LGTBI, ademais doutras accións no ámbito sanitario e educativo.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.