Prosegue con Pakolas (na Casa da Cultura de Caamaño) o III Ciclo Cultural Infantil Itinerante do Porto do Son

30 Setembro 2026

O III Ciclo Cultural Infantil Itinerante impulsado polo Concello de Porto do Son prosegue esta fin de semana cunha nova actuación, logo da estrea do domingo 27 de setembro na Casa da Cultura de Ribasieira (con O Show de Fifo).

A seguinte cita será este domingo 4 de outubro ás 18.00 horas, na Casa da Cultura de Caamaño, da man do músico Pakolas.

En Ecoralia. A lambona ecolóxica, Pakolas preséntanos o seu último librodisco, editado polo CRAEGA (Decembro-2024), e dispoñíbel en todas as bibliotecas de Galicia.

Neste novo traballo a rapazada coñecerá a historia de Ecoralia, que lles ensinará a través das súas cancións a importancia de consumir alimentos ecolóxicos, para coidar o medio ambiente tanto na terra coma no mar, combater o cambio climático e garantir o benestar animal.

Así, a través das cancións e a narración, a rapazada adentrarase nas entrañas da carballeira máis extensa de toda Galicia, onde a vexetación é máis mesta e verde, vivía Ecoralia.

O III Ciclo Cultural Infantil Itinerante vén da man da Área de Cultura do Concello do Porto do Son, en colaboración coa Rede de Cultura da Deputación da Coruña. Ata o 29 de novembro, a rapazada do concello e da comarca poderá gozar dunha nova alternativa de ocio local, totalmente de balde e accesíbel para todos os públicos.

Programación pendente

· 4 de outubro

A Casa da Cultura de Caamaño acollerá a Pakolas. O espectáculo dará comezo a partir 18:00 horas.

· 11 de outubro

A Casa da Comunidade Veciñal de Nebra acollerá a Paco Nogueiras. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 18 de outubro

A Casa da Cultura de San Pedro de Muro acollerá a Peter Punk. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 25 de outubro

A Casa da Cultura de Miñortos acollerá a María Faltri. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 1 de novembro

A Casa da Cultura de Baroña acollerá a Caxoto. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 8 de novembro

A Casa da Cultura de Xuño acollerá a Dani Polo. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 15 de novembro

A Casa da Cultura de Queiruga acollerá a Brais das Hortas. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 22 de novembro

A Casa da Cultura de Portosín acollerá ao Teatro Ghazafelhos. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 29 de novembro

A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá a sesión Dedín, dedín, dedal. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

Outros artigos

Os Trobeiros da Ponte ofrecen este sábado un concerto no Porto do Son

O clásico grupo Os Trobeiros da Ponte ofrecerá un concerto na Casa de Cultura do Porto do Son o vindeiro sábado, 3 de outubro, ás 20:00 horas. Trobeiros da Ponte é unha agrupación musical galega formada por un grupo de amigos apaixonados pola música que se converteu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.