A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

28 Setembro 2026

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa dará comezo ás 20.30 horas no Liceo. A entrada será de balde. As entradas poderán recollerse no Concello o mesmo día en horario de mañá (de 11:30 a 13:30 h) e de tarde (de 18:30 a 20:20 h). Poderanse retirar un máximo de dúas entradas por persoa.

Nieves Concostrina Villarreal é unha recoñecida xornalista, escritora e divulgadora histórica española (nada en Madrid o 1 de agosto de 1961).

Formouse en Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid e traballou no desaparecido Diario 16 entre 1981 e 1997. Máis tarde colaborou en televisión con Antena 3 e Vía Digital. Tamén dirixe a revista especializada Adiós Cultural e escribe columnas de opinión para medios dixitais.

O seu grande éxito chegou a través da radio, onde achega a historia ao público cun ton divertido e familiar. O seu espazo diario máis popular é Acontece que no es poco, emitido dentro do programa La Ventana da Cadena Ser.

Entre os seus libros máis vendidos atópanse Menudas historias de la historia, Polvo eres, Se armó la de San Quintín, Cualquier tiempo pasado fue anterior e a súa novela Pretérito imperfecto.

O seu labor de comunicación e divulgación foi recoñecida con importantes distincións en España, entre as que destacan o prestixioso Premio Ondas (2016) e o Premio Micrófono de Oro (2010).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.