O CD Rois celebra o seu 16º aniversario cunha homenaxe ás verbenas e ao baile

25 Setembro 2026

O Centro de Día (CD) de Rois, pertencente á rede de centros da Xunta de Galicia, celebra esta tempada 16 anos de compromiso directo co benestar, a autonomía e a calidade de vida das persoas maiores. No marco das actividades conmemorativas este 25 de setembro, entre as 16:00h e as 18:00h, as instalacións do centro acollerán un acto institucional e festivo moi especial que, nesta ocasión, xirará arredor dunha temática arraigada na identidade galega: a posta en valor das verbenas e o baile como históricos espazos de cortexo e socialización.

O recurso consolidouse como un piar fundamental para a conciliación e o coidado na comarca.

María Vilas, directora do CD Rois, quixo poñer en valor o camiño percorrido e o esforzo humano que hai detrás do proxecto: “Estes 16 anos de traxectoria son o reflexo do traballo diario e rigoroso de toda a equipa técnica e de coidados do centro. Hoxe damos un servizo esencial non só a Rois, senón tamén a concellos da contorna como Santiago, Ames, Teo, Brión e Negreira. Dispoñemos de 40 prazas e actualmente o noso nivel de ocupación é do 100%, o que demostra a necesidade deste espazo”.

Vilas, tamén aproveitou para amosar a súa gratitude: “Queremos dar as grazas de corazón ás persoas maiores e ás súas familias pola confianza que depositan en nós. Cada día traballamos para que o centro sexa un fogar e unha familia para todas elas”.

O movemento e a música serán os fíos condutores do aniversario. Os asistentes poderán gozar de varias pezas de baile ensaiadas polas propias persoas usuarias do centro. Lita, Manolo, Pepe e María porán en escena a coreografía As mociñas; o usuario coñecido como Conde defenderá o baile de Licor café do artista Ortiga; e, finalmente, abrirase o escenario a todo o grupo coa peza Cousiñas xustas de Pili Pampin. A programación artística completarase coa proxección do vídeo O Chirimbolo e unha exhibición a cargo dunha parella de baile profesional.

Como broche de ouro musical, o acto contará coa participación de recoñecidos artistas convidados, incluíndo as actuacións de Da Castela e Aleix Toxiño e alguna sorpresa.

Recoñecemento e peche institucional

A xornada cultural e lúdica non esquecerá a posta en valor do esforzo diario. Antes do remate, activarase unha entrega de premios para galardoar diferentes fitos do ano. O acto finalizará contra as 18:00 horas coas intervencións de peche por parte das autoridades presentes, quen ratificarán o apoio institucional a este servizo que hoxe en día colga o cartel de completo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.