No Son, o alumnado de Tahume XI limpa e acondiciona o parque do Outón e outros espazos públicos

23 Setembro 2026

O alumnado do certificado de profesionalidade de Forestal do Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos do Porto do Son e Ribeira, está a desenvolver un intenso programa de traballos prácticos en diferentes parroquias dos dous termos.

As actuacións no municipio sonense céntranse principalmente na limpeza, acondicionamento e mellora de espazos públicos e permiten ao alumnado aplicar sobre o terreo os coñecementos adquiridos durante a súa formación, ao tempo que contribúen directamente á conservación e posta en valor de diferentes zonas do municipio

Entre as intervencións realizadas destaca a limpeza e acondicionamento do parque do Outón, unha actuación que permitiu mellorar o estado deste espazo e favorecer ao seu uso e goce por parte da veciñanza.

Este programa botou a andar no pasado mes de xuño cun total de 20 persoas participantes e combina formación teórica e práctica. O obxectivo é a mellora da empregabilidade das persoas dos dous concellos, onde o alumnado recibe formación no ámbito profesional de forestal e de produción de carpintería e móbel.

Durante nove meses asisten ás especialidades de Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble; Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais; Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes; e Traballos de carpintería e moble.

A maiores da formación específica de carpintería e forestal, o alumnado recibe formación en competencias dixitais, igualdade, medio ambiente, orientación laboral ou autoemprego, entre outras.

O dito obradoiro conta co apoio da Consellería de Emprego Comercio e Emigración, que aporta unha achega de 546.552 euros para esta
iniciativa de emprego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.