
Este venres 25 de setembro estará en Boiro a contadora, narradora e escritora Raquel Queizás, a partir das 20.00 horas. A cita será no Centro Social de Boiro, onde Queizás ofrecerá ao seu público a sesión familiar Raposadas.
Trátase dunha colleita de contos populares de animais de tradición oral da nosa terra, que alimentaron, alimentan e alimentarán a moitas nenas e a moitos nenos galegos.
Os contos de tradición oral seleccionados están protagonizados por animais personificados que se debaten entre o uso da forza bruta e o uso da intelixencia para a resolución de conflitos.
Moitos destes contos, ademais de mostrarnos as características que definen a cada animal, buscan describir e explicar unha forma de vida fomentando o respecto pola natureza.Axudan a coñecer a contorna natural e familiar que nos fai pobo a través da nosa lingua, os nosos contos, as nosas adiviñas, os nosos xogos e as nosas cancións.
Dirección e interpretación: Raquel Queizás
Música: Félix Rodríguez
Ilustración cartaz: Aldara Piñeiro García
Duración: 50 minutos
Público: nenas e nenos a partir de 3 anos / familias



