Volve o Ciclo Cultural Infantil Itinerante do Porto do Son (3ª edición)

22 Setembro 2026

O III Ciclo Cultural Infantil Itinerante volve ao Concello de Porto do Son este domingo 27 de setembro, e faino (novamente) con espectáculos semanais para as crianzas que se celebrarán nas casas da cultura de todas as parroquias.

Este programa cultural abrirase este domingo, 27 de setembro, co Show de Fifo, que terá lugar na Casa da Cultura de Ribasieira a partir das 17:30 horas.

Dende esta semana ata o 29 de novembro, a rapazada de Porto do Son poderá gozar dunha nova alternativa de ocio local, totalmente de balde e accesíbel para todos os públicos.

Ademais, esta terceira edición do Ciclo Cultural vén cargada de talento, con actuacións de figuras tan destacadas como Paco Nogueiras, Brais das Hortas ou Pakolas.

Programación completa

· 27 de setembro

A Casa da Cultura de Ribasieira acollerá a O Show de Fifo. O espectáculo dará comezo a partir das 17:30 horas.

· 4 de outubro

A Casa da Cultura de Caamaño acollerá a Pakolas. O espectáculo dará comezo a partir 18:00 horas.

· 11 de outubro

A Casa da Comunidade Veciñal de Nebra acollerá a Paco Nogueiras. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 18 de outubro

A Casa da Cultura de San Pedro de Muro acollerá a Peter Punk. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 25 de outubro

A Casa da Cultura de Miñortos acollerá a María Faltri. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 1 de novembro

A Casa da Cultura de Baroña acollerá a Caxoto. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 8 de novembro

A Casa da Cultura de Xuño acollerá a Dani Polo. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 15 de novembro

A Casa da Cultura de Queiruga acollerá a Brais das Hortas. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 22 de novembro

A Casa da Cultura de Portosín acollerá ao Teatro Ghazafelhos. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

· 29 de novembro

A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá a sesión Dedín, dedín, dedal. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.