O Concello de Noia aproveita as obras na rúa Galicia para renovar o saneamento

21 Setembro 2026

Coincidindo coas obras de renovación das beirarrúas e do empedrado da rúa Galicia, o Concello de Noia decidiu aproveitar os traballos acometidos no firme para substituír tamén un tramo da tubaxe de saneamento que arrastraba unha avaría desde hai varios anos, segundo confirmaron fontes do Consistorio. Dende o Concello tamén explicaron que “é fundamental, cando se levanta unha rúa para renovala, mellorar servizos soterrados, co fin de evitar que máis adiante haxa que volver rompela por unha posíbel tubaxe en mal estado”. Dende o Goberno local engaden que neste caso ” actuación resulta especialmente complexa, xa que a rede de saneamento discorre nalgúns puntos a máis de catro metros de profundidade, o que dificulta de xeito considerábel os traballos”.

Engaden que a renovación da rúa Galicia “permitirá mellorar tanto o seu aspecto e accesibilidade como unha infraestrutura básica para o seu correcto funcionamento”.

Renovación da rúa

O Concello de Noia iniciou este mes de setembro as obras de renovación da beirarrúa da rúa Galicia, no tramo comprendido entre os números 2 e 12, cun investimento de 48.380,64 euros, IVE incluído. A actuación está financiada integramente a través do Plan Único da Deputación da Coruña e conta cun prazo de execución de tres meses.

Segundo explicou o Concello, a intervención “permitirá renovar unha beirarrúa que presenta deterioro e deficiencias de accesibilidade nun punto especialmente transitado da vila, que funciona como conexión entre a Alameda, o ensanche e o centro histórico”.

Os traballos inclúen a retirada do pavimento existente e a execución dun novo pavimento continuo de pedra granítica, así como a mellora dos alcorques e a incorporación de novos elementos de protección, buscando unha maior integración de todo o espazo.

A obra dá continuidade ás actuacións que o Concello vén desenvolvendo nesta contorna, coa renovación dos xardíns Felipe de Castro e do Campo da Feira, as melloras no parque infantil e diferentes intervencións na propia Alameda. O obxectivo é avanzar progresivamente na renovación de todo este eixo de entrada ao centro da vila.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.