O Concello de Noia inicia a renovación da rúa Galicia para mellorar un dos principais accesos ao centro histórico

10 Setembro 2026

O Concello de Noia iniciou as obras de renovación da beirarrúa da rúa Galicia, no tramo comprendido entre os números 2 e 12, cun investimento de 48.380,64 euros, IVE incluído. A actuación está financiada integramente a través do Plan Único da Deputación da Coruña e conta cun prazo de execución de tres meses.

Segundo explicou o Concello, a intervención “permitirá renovar unha beirarrúa que presenta deterioro e deficiencias de accesibilidade nun punto especialmente transitado da vila, que funciona como conexión entre a Alameda, o ensanche e o centro histórico”.

Os traballos inclúen a retirada do pavimento existente e a execución dun novo pavimento continuo de pedra granítica, así como a mellora dos alcorques e a incorporación de novos elementos de protección, buscando unha maior integración de todo o espazo.

A obra dá continuidade ás actuacións que o Concello vén desenvolvendo nesta contorna, coa renovación dos xardíns Felipe de Castro e do Campo da Feira, as melloras no parque infantil e diferentes intervencións na propia Alameda. O obxectivo é avanzar progresivamente na renovación de todo este eixo de entrada ao centro da vila.

O alcalde de Noia, Fran Pérez, destacou que “esta non é unha actuación illada. Estamos intervindo progresivamente sobre toda esta contorna para conseguir que un dos principais accesos ao centro de Noia presente unha imaxe máis coidada, accesible e agradable tanto para a veciñanza como para quen nos visita”. O rexedor engadiu que “nos últimos meses actuamos nos xardíns Felipe de Castro, no Campo da Feira e na Alameda, e agora damos continuidade a ese traballo coa rúa Galicia. O obxectivo é que todas estas actuacións vaian conectando entre si e permitan transformar progresivamente o conxunto deste eixo urbano”.

Pola súa banda, o tenente de alcalde e responsable da área de Obras, Manolo Seijas, sinalou que “a rúa Galicia é unha das principais portas de entrada ao casco histórico e levaba tempo precisando unha actuación. Falamos dunha zona moi transitada, con vivendas, comercios e equipamentos, polo que esta obra permitirá mellorar de maneira importante tanto o estado da beirarrúa como a accesibilidade e a comodidade dos percorridos peonís”. Seijas engadiu que “seguimos actuando sobre problemas concretos que afectan ao día a día da veciñanza e, ao mesmo tempo, intentando que cada actuación forme parte dunha mellora máis ampla dos espazos públicos de Noia”.

Modificación temporal do tráfico

A execución das obras obrigará a modificar temporalmente a circulación na contorna. Durante os traballos, o tráfico procedente do semáforo de Dominga será desviado cara á rúa Rosalía de Castro, polo que non se poderá continuar desde ese punto en dirección á rúa Galicia.

O Concello instalará a sinalización provisional necesaria e solicita “precaución e comprensión á veciñanza e ás persoas usuarias da vía polas molestias que se poidan producir durante a execución dos traballos”.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.