Rois celebra o seu XXI Día da Bici con 120 participantes de 2 a 83 anos

15 Setembro 2026
Mario Alfonsín, padronés de 83 anos, e Mateo Ríos, de 2 anos e medio, foron os ciclistas máis veterano e máis novo da proba

O pasado sábado 12 de setembro, 120 persoas participaban no XXI Día da Bici de Rois, un encontro que reuniu xentiña dende os 2 até os 83 anos para gozar do deporte e das paisaxes do municipio de Rois.

A día botaba a andar cunha xincana para a cativada organizada polo Club Ciclistas Padronés Cortizo. De seguido, os ciclistas partiron do polideportivo de Rois para completar un percorrido de 11 quilómetros pola: Pontenova, A Peruca, A Meana, Seaxe, de novo A Meana e Lamego. Logo do avituallamento na praia fluvial, volvían por Seira, Oín e Antequeira para rematar no punto de partida, o polideportivo.

Mateo Ríos, de pouco máis de dous anos, recibiu o trofeo ao participante máis novo de mans do concelleiro Antonio Esparís. O padronés Mario Alfonsín, de 83 anos, recolleu o premio ao ciclista máis veterano, entregado polo exciclista Suso Blanco Villar, que tamén participou na marcha.

Ao remate sorteáronse numerosos agasallos. Xiana Salgueiro gañou o premio estrela, unha bicicleta de montaña que lle entregaron Esparís e Blanco Villar, mentres que Sonia Maquieira resultou agraciada cun xantar ou cea para dúas persoas no restaurante Pedra Santa.

Xiana Salgueiro foi a gañadora da bicicleta no sorteo de agasallos

Dende o Concello de Rois quixeron agradecer o labor de Protección Civil de Rois e de Padrón, así como o apoio do Club Ciclista Padronés, Gadis, Supermercados Froiz, Restaurante Pedra Santa e AdeMario Bike Services na organización desta xornada.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.