Noia despide un Concilia Verán con máis prazas, máis usuarios e maior inclusión

10 Setembro 2026

Co inicio do curso rematou en Noia o programa Concilia Verán 2026, unha edición que, segundo informou o Concello, “bateu récords de participación e que volveu demostrar a importancia de contar cun servizo público que axude ás familias a conciliar durante os meses de verán”. Entre as seis quendas o Concello ofertou 720 prazas, cun horario de 7:30 a 15:30 horas e cunha programación para “converter o Concilia en moito máis que un espazo de conciliación”. De feito, houbo actividades de cultura, deporte, ciencia, xogos, traballos manuais e excursións, visitas a museos e exposicións de Noia, excursións ao Aquapark de Cerceda e ao Space Park de Ribeira, navegacións no balandro Joaquín Vieta e actividades de lecer nos parques e espazos públicos da vila.

Os nenos e nenas tamén participaron nas Festas de San Bartolomeu, colaboraron na decoración dos Xardíns Felipe de Castro para a Noia de Noite e coñeceron de preto o traballo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal.

O Concello explicou tamén que “este ano o obxectivo foi conseguir un programa Concilia máis accesíbel e inclusivo, contando con monitorado específico para nenos e nenas con necesidades educativas especiais grazas á colaboración coa entidade local A Misela”.

A concelleira de Conciliación, Ana Blanco, destacou que “estamos moi satisfeitos porque conseguimos un Concilia con máis participación, pero tamén con máis actividades e máis inclusión. Queremos que as familias teñan un servizo de conciliación de calidade e que os nenos e nenas leven para a casa experiencias, aprendizaxes e moitos bos recordos deste verán”.

O Concello agradeceu “especialmente” a todo o equipo de monitorado polo seu traballo, implicación e cariño durante estas semanas, e ao IES Campo de San Alberto pola cesión das instalacións.

Achegáronse 720 prazas, seis quendas e “unha manchea de experiencias”, concluíu o Concello.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.