Tiña vergoña de todo e para todo. Era unha moza preparada e intelectualmente moi cualificada,
sensata, humilde e afable coas compañeiras e compañeiros de calquera das andanzas ou aventuras
diarias. Non comprendía o dicir de Homero, cando aseveraba que “non lles convén ser vergonzosas”
ás persoas e ás sociedades necesitadas. Detestaba a aquelas que empregaban descaradamente a
mentireira e a estupidez para conseguir obxectivos espurios.
Ela, como a maioría das persoas, era traballadora honesta, rica en saberes e con grandes
capacidades para esixir xustiza e transparencia. Era como ten que ser a xente nova, unha
revolucionaria que admiraba a felicidade dos seus e dos outros. Era atrevida, valente e sensata. Era
como hai que ser e sabía, como todos vostedes saben, que a vergoña cómpre conservala.
Cando a perden os de arriba, os que teñen a vara do mando, quedan lixeiros, quedan sen o respecto
dos mandados ou “gobernados”; cando perden toda vergoña, a auga sae da canle e vai a borbullóns,
anunciando o perigo da desfeita.
Ela lembraba a vergoña dos emigrantes galegos que non sabían a fala, que non coñecían o entorno,
que non sabían onde estaban e que non gañaban para o retorno. Agrandase o corazón dos homes ao
ver a realidade da emigración e da fatalidade dos emigrantes. Era vergoñenta a situación á que
sometían (e someten) á nosa xente, do pais ou de onde sexa.
Parecíalle vergoñento ser de aquí ou de acolá, estar gobernados por estes ou polos outros. A
vergoña da miseria e a de quen quere ser dono de máis, aínda que xa o teña todo. Dos que queren
mandar en todo e mandan, retirando as cancelas, borrando os recordos, asubiando e, se é o caso,
mirando ou paseando.
A Tía Manuela non descansa, e menos nesta situación, na que queren ser máis papistas que o Papa.
Mira para o ceo, volve mirar e esconde a cara. Dálle vergoña estar nun mundo asolagado polas
bágoas da xente de ben, pola rabia dos que queren seguir gobernando e non gobernan, pola ira dos
que queren e non poden. Por todo o que está pasando, pasa e segue pasando.
Aí está a vergoña, apelicada ao ser da xente que quere vivir con dignidade e desprezada polos que
queren, perseguen e acadan unha forma de compartir e de ser máis vergoñenta. Incluso, repelente
e, xa que logo, noxenta.
Rianxo acolle a presentación do libro Un mar de curiosidades, de Javier García Caldo
Ao abeiro da Mostra de cine documental Mares da Fin do Mundo, que se celebra en Rianxo este domingo, 18 de outubro, ás 13 horas no Auditorio Municipal, terá lugar a presentación do libro da editorial Galaxia Un mar de curiosidades, de Javier García Caldo. A idea de...



