Chuvascos fortes, tormentas e máis frío este xoves nas Rías Baixas e Santiago

26 Agosto 2026

As Rías Baixas e a comarca de Santiago afrontan este xoves 27, Santa Mónica, unha xornada de forte inestabilidade meteorolóxica pola influencia dunha borrasca e a entrada de aire frío.

Agárdanse ceos con intervalos anubrados e chuvascos que poderán ser localmente fortes e de carácter treboento. As temperaturas sufrirán un novo descenso xeral e os ventos do sur-suroeste soprarán moderados, con refachos fortes na liña de costa..

Previsión primeira hora da mañá do xoves 27 de agosto. Ventusky.

Previsión meteorolóxica detallada

  • Ceos e precipitacións: Agárdanse ceos con intervalos anubrados e chuvascos que poderán ser localmente fortes tanto na comarca de Santiago como nas Rías Baixas, acompañados de tormentas e aparello eléctrico de forma ocasional.
  • Temperaturas: Os termómetros rexistrarán unha nova caída dos valores máximos e mínimos, provocando unha sensación térmica máis fría ao longo de todo o día. Máximas de 18 a 20 graos).
  • Ventos: O vento soprará de compoñente sur-suroeste con carácter moderado polo xeral, acadando intervalos fortes en toda a liña de costa e zonas expostas das Rías Baixas.
meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e á noite e do sudoeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá, 2 a 3 á tarde e 4 a 6 á noite. Marusía á mañá, mar ovellado á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá, 1 a 2 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.