O Concello do Son fixa para o 12 de setembro a última visita á fábrica de salgadura dos Ferrer

25 Agosto 2026

O 12 de setembro, ás 11:00 horas, celebrarase a derradeira visita para coñecer a fábrica de salga dos Ferrer, unha actividade impulsada polo Concello para poñer en valor o patrimonio do Porto do Son.

A actividade partirá do Museo Marea, punto de encontro establecido para a visita, que estará guiada por José Manuel Vázquez Lijó.

As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición no propio Museo Marea ou na Oficina de Turismo do Castro de Baroña.

Para máis información e reservas, están dispoñíbeis os teléfonos 981 853 431, 646 095 440 e 881 878 228.

As prazas son limitadas (20 persoas), polo que se recomenda realizar a inscrición con antelación.

Trátase dunha actividade organizada polo Concello, en colaboración co Museo de Memoria Mariñeira e Deputación da Coruña. 

A antiga fábrica de salga dos Ferrer é un emblemático espazo que forma parte do destacado patrimonio histórico e da memoria mariñeira do municipio.

O Concello do Porto do Son, en colaboración co Museo da Memoria Mariñeira (Museo Marea), organiza de xeito periódico visitas guiadas para dar a coñecer a historia da dita factoría.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.