O Viveiro de Empresas de Ribeira suma un novo proxecto e acada os cinco negocios activos

17 Agosto 2026

A incorporación de Arosa Zona Cero y desarrollo eleva a ocupación do espazo municipal, que conta cunha capacidade total para nove iniciativas.

O Viveiro de Empresas de Ribeira conta desde mediados deste mes de agosto cunha nova iniciativa emprendedora tras a incorporación da firma Arosa Zona Cero y desarrollo. Con esta nova alta, o centro municipal acada as cinco actividades en funcionamento, ocupando máis da metade da súa capacidade máxima, fixada en nove prazas.

O novo proxecto súmase aos catro que xa operaban nas instalacións municipais:

  • Deporvida Nutrición
  • Fabricamos comunicación
  • Celia Domínguez (dietista)
  • Nancy Silva (terapeuta)

Dende a súa apertura en marzo de 2016, a infraestrutura serviu de lanzadeira para diversos profesionais autónomos e cooperativas de distintos sectores. Ademais do alugueiro de locais de uso rotativo temporal e do asesoramento inicial para facilitar o arraigo comercial no municipio, o edificio acolle o Programa Integrado de Emprego de Ribeira e o Servizo de Orientación Laboral.

A alcaldesa, María Sampedro, destacou o valor deste servizo como «un exemplo máis do Concello para alentar as iniciativas empresariais, intentando conseguir a creación e consolidación de empresas que contribúan ao crecemento económico e creación de emprego no noso municipio».

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.