CRÓNICAS RIBEIRENSES : “A avelaíñas das noites de verán” – Antón Luaces

15 Agosto 2026

As bolboretas nocturnas non eran boas compañeiras de viaxe nas estradas -aínda por asfaltar- de Ribeira a Noia e o pequeno mapa-mundi do concello de Santa Uxía de Ribeira: a de Martín con saída a Castiñeiras e enlace coas de Aguiño, Vixán, Carreira, Olveira, Corrubedo, Oleiros e volta a Ribeira abeirando Casalnovo (Casanlobo, no dicir popular) para, en bicicleta, continuar pola Coelleira (Cunlleira, daquela), con Artes a unha banda e a estrada a Palmeira por Moldes e, ao retorno, Ribeira, Ameixida, Castiñeiras… estradas todas elas de terra e pedras (morrillo) que desfacían as rodas da bicicleta e coas avelaíñas sobrevoando ao ciclista e obrigando a este a pedalear coa boca fechada diante da posibilidade de tragar un destes pouco ou nada gratos bechos.

Eran as avelaíñas compañeiras sempiternas nas noites de verán daqueles anos 50-60 do século pasado, cando o sol adormecía unhas poucas horas, as xustas para que Marcial alistara o seu racú e a familia Miniño apagara as “mariposas” que alumaban o cruceiro que gornecía a praza na que o domingo cantaruxaba un cego en relatos de mortes e agoiros mentres no “portland” da señora Julia outro cego, de nome Antonio, pedía esmola coa súa salmodia de “eu non vexo nada” e botaba pestes cando comprobaba que os cativos enchían o seu prato non de moedas senón de cunchas de berberechos. Daquela mudaba as ladaíñas e a furia que lle queimaba o peito traducíase nun “Mala mar vos coma, fillos de puta”  ou o seu socorrido “que o demo vos leve ao inferno, castróns!”, mentres tanto os rapaces corrían entre a xente evitando no posible a “Juan sete cabezas”, garda municipal que disque falaba varios idiomas, entre estes o inglés.

Era o domingo o día no que, embarcacións a vela procedentes da outra banda da ría de Arousa, subministraban o mercado municipal ribeirense de produtos da horta que rapidamente se vendían. 

Xa pola noite, a praza rebordaba de bolboretas nocturnas que aproveitaban as follas das verduras caídas que o nordés axuntaba en remuíños. 

Eran noites de verán, de avelaíñas que ninguén apreciaba. Bolboretas con mal proveito.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.