O BNG solicita a reparación da pasarela da praia da Corna tras un accidente provocado polo seu deterioro

14 Agosto 2026

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira presentou unha iniciativa no Concello para “reclamar a reparación da pasarela, da rampla e dos demais accesos de madeira á praia da Corna, ante o deterioro que presentan numerosos elementos desta infraestrutura”. As concelleiras do BNG, Antía Alberte e Veva Betanzos, comprobaron de primeira man o estado da pasarela e dos accesos. Alberte alertou de “que existen numerosas táboas deterioradas e mesmo podres”, unha situación que, segundo sinalou, “non só afecta á conservación dunha infraestrutura pública, senón que supón un risco evidente para a seguridade das persoas que a utilizan”.

Lembraron que a situación foi posta en coñecemento do BNG por persoas usuarias da praia, que trasladaron a súa preocupación polo deterioro que sofre a pasarela. Sinalaron que “o problema quedou especialmente patente tras producirse un accidente o pasado 7 de agosto no que unha persoa caeu ao ceder unha das táboas da rampla de acceso, tendo que ser atendida inicialmente polo servizo de socorrismo para recibir atención”.

“Non estamos a falar simplemente dunha táboa que necesite unha pequena reparación. Unha persoa sufriu unha caída porque a madeira cedeu, e iso debería ser máis que suficiente para que o Concello actuase de inmediato e non deixar durante semanas unha cinta como se fose a solución”, manifestou Antía Alberte, lembrando tamén que “a praia da Corna recibe durante o verán centos de persoas cada día e que a pasarela constitúe unha infraestrutura fundamental para facilitar o acceso ao areal e garantir unhas condicións adecuadas de accesibilidade”.

“Precisamente nunha época de máxima afluencia de veciñanza e visitantes, o Concello ten que garantir un mantemento mínimo destes espazos”, engadiu.

Desde o BNG lembraron que “durante o período no que Luís Pérez Barral encabezou o goberno municipal incrementáronse os orzamentos destinados ao mantemento das infraestruturas municipais e reforzouse tamén o persoal da brigada de obras para poder atender con maiores garantías as necesidades existentes nas diferentes parroquias”.

Neste sentido, Antía Alberte destacou que “sabemos que queda moito onde actuar como nesta zona e noutras por iso para nós o mantemento era unha prioridade dentro da acción municipal que faciamos porque permite evitar que pequenas deficiencias acaben converténdose en problemas maiores e, como neste caso, en riscos para a seguridade das persoas”.

A iniciativa presentada polo Grupo Municipal do BNG solicita “en primeiro lugar a realización dunha inspección completa da pasarela, da rampla e dos demais elementos de madeira dos accesos á praia da Corna, co obxectivo de identificar todas aquelas táboas, elementos estruturais ou zonas que presenten deterioro ou poidan supoñer un risco”.

Así mesmo, o BNG reclama que o Concello “proceda á substitución inmediata das táboas e dos elementos deteriorados ou danados, garantindo que toda a infraestrutura quede en condicións adecuadas e seguras para o seu uso”.

“É unha cuestión de seguridade e tamén de responsabilidade. O Concello ten a obriga de manter en condicións os seus equipamentos e actuar con rapidez cando existe un risco para a integridade das persoas”, concluíu Antía Alberte, quen reclamou ao Goberno municipal que dea unha resposta inmediata a esta situación e execute as reparacións necesarias.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.