Este xoves prosegue o ciclo CónClave do humor de Rianxo con Víctor Fábregas e José Blanco

12 Agosto 2026

Este xoves 13 de agosto proseguen en Rianxo as actuacións do ciclo CónClave do humor, que se celebra todos os xoves de agosto de 2026 ás 22:00 horas. Trátase dun ciclo de monólogos de acceso libre e gratuíto en diferentes prazas e espazos exteriores da vila.

Para o segundo monólogo do ciclo contarase con Víctor Fábregas e José Blanco. O seu espectáculo combinará monólogo, retranca e dous estilos de comedia moi persoais cunha ampla traxectoria no panorama humorístico galego.

Será a partir das 22:00 horas na praza de Padrón.

O xoves 20 de agosto será a quenda de Leti da Taberna no Campo de Arriba.

O ciclo rematará xoves 27 de agosto, co ribeirán Quico Cadaval e as súas historias na praza de Rafael Dieste.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión