“A esperanza” – José Manuel Pena

12 Agosto 2026

O sentimento de culpa, o fracaso, a angustia vital, o endémico e enfermizo pesimismo fan efecto sobre moitos cidadáns e familias coas que a dramática crise económica, social e de valores séguese cebando, de maneira insospeitada e que a maioría dos nosos políticos e gobernantes tratan de ocultar e pasar de largo. Agárranse, coas poucas forzas que aínda conservan, a un xesto amable e a unhas palabras tranquilizadoras que lles ofrezan un pouco de esperanza. Non custa nada ofrecer un sorriso ou un abrazo e en cambio empeñámonos en buscar enfrontamentos, envexas e pasotismo.

En ocasións só se trata dunha pequena axuda económica, algo de alimento, un teito onde poder descansar, unha conversa, algunhas xestións administrativas…, non desexan moito máis, só un ombreiro amigo no que poder descargar a súa ira e indefensión. Non son conscientes de que eles non son culpables de nada do que lles sucede, somos nós, é o propio sistema que nos engole na súa arañeira de consumismo e de comodidades, que se manteñen para uns poucos á conta da maioría e que nos esixen o non dubidar, non pensar, non criticar nin rebelarse contra o establecido que sen dúbida se pode mellorar e que consideramos coma se fose dogma de fe, sen máis argumento.

Nos momentos difíciles somos todos necesarios e ademais temos a obriga moral de estar con quen sofren as consecuencias das crises, que se presumen longas, moi longas, para que poidan seguir coa súa día a día, cos seus amigos, compañeiros de traballo, coas súas familias, en definitiva coas súas vidas. Que o espertar non lles supoña un pesadelo senón unha ilusión, onde os soños ou a utopía consigan converterse en realidade, onde todos poidamos dispoñer dun mínimo para vivir con dignidade, como seres humanos. Nunca teñen que perder a esperanza, sen ela xa nada vai ser o mesmo e vívese unha soa vez.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.