O CIM de Ribeira organiza uns obradoiros de “batch cooking” dirixidos a homes e adolescentes maiores de 15 anos

12 Agosto 2026

O prestixioso cociñeiro Iñaki Bretal impartirá en Ribeira uns obradoiros de batch cooking dirixidos a homes e adolescentes maiores de 15 anos do concello organizados polo Centro de Información á Muller (CIM) e promovidos pola Dirección Xeral de Igualdade da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e Plan Corresponsables. Os homes participantes poderán ir acompañados por calquera familiar.

As clases desenvolveranse no 24, 25, 26 e 27 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas, no primeiro andar do Mercado Municipal, onde se sitúa a aula de cociña.

É o terceiro ano que se lanzan estes obradoiros de batch cooking co obxectivo de seguir avanzando na corresponsabilidade nas tarefas do fogar con esta acción formativa de balde que versará sobre unha técnica de organización culinaria que consiste en destinar un par de horas dun só día para cociñar e deixar listas as preparacións ou bases das comidas que se consumirán ao longo de toda a semana.

Haberá tamén oco para reflexionar sobre as responsabilidades que asume cada persoa na unidade doméstica.

“Estamos nunha sociedade que avanza cada vez con paso máis firme cara a igualdade real entre mulleres e homes, se ben é certo que hai moitas cuestións que se nos atribúen directamente a nós e son as tarefas do fogar, entre elas, cociñar. Por iso, organizamos estes obradoiros para seguir traballando na corresponsabilidade e orientados a homes e adolescentes, xa que cremos que é preciso educar en igualdade e facelo xa dende idades temperás”, explicou a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, na compaña da directora do CIM, Loli Crujeiras.

Esta última fixo fincapé en que se contribúe á conciliación, a unha vida máis saudable e máis coparticipativa.

As prazas están limitadas a 12 persoas, polo que se require inscrición previa a partir de mañá, 13 de agosto, no teléfono de contacto 679 306 188 ou a través do código QR que aparece na cartelería da actividade e que redirixe a un formulario en liña.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.