O Concello de Ribeira mantén aberto o prazo para optar ás axudas individuais para a autonomía persoal

11 Agosto 2026

O Concello de Ribeira mantén aberto o prazo da convocatoria das axudas económicas individuais para favorecer a autonomía persoal, a mellora da accesibilidade e o apoio ao respiro familiar. O importe total é de 35.000 euros, financiados a través do POS para gastos sociais da Deputación da Coruña, coa
finalidade de, en palabras do concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, “mellorar o día a día das persoas perceptoras e a súa máxima integración, mellorando o seu benestar e favorecendo a súa mobilidade, comunicación e participación na vida social e económica da súa contorna”.

Establécense dúas liñas de axudas: as axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a mellora da accesibilidade, cunha asignación de 25.000 euros; e os servizos para o respiro e a conciliación familiar a unidades de convivencia, con 10.000 euros.

O prazo para presentar as solicitudes permanece aberto ata o 1 de setembro, cumprindo así os dous meses dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O trámite pode formalizarse na sede electrónica municipal, na Oficina de Atención Cidadá ou no Departamento de Servizos Sociais. Para calquera dúbida ou información, é preciso pedir cita a Servizos Sociais.

Requisitos dos beneficiarios

As persoas que se poden beneficiar son aquelas que teñan recoñecida a situación de dependencia e/ou discapacidade e que reúnan os seguintes requisitos:

-Estar empadroado/a e ter residencia efectiva no municipio de Ribeira durante seis meses inmediatamente anteriores e continuados á data de presentación da solicitude.

-Que a renda per cápita da unidade de convivencia da que forma parte o solicitante non supere o 125% do IPREM establecido para o ano 2026, incluíndo as pagas extraordinarias.

-Cando a unidade familiar estea formada por dous membros, este límite será elevado ata o 150% do IPREM e, cando estea formada por un só membro, ata
o 175% do IPREM.

Produtos de apoio ou axudas técnicas subvencionábeis

Inclúense útiles para o aseo e hixiene persoal (cadeiras para inodoros, alzas ou asentos para inodoro, padiolas para baño e ducha antideslizantes e ergonómicas, ducha para a cama, cadeira de baño e ducha), para a alimentación (cubertos adaptados, mesa regulábel ou adaptada para cadeira, butaca articulada), para a mobilidade (butaca articulada, adaptacións de acceso ao vehículo, camas articulada con carro elevador, guindastres de transferencia eléctricas, guindastres de mobilización de persoas, arneses para guindastres, somier articulado, coxín ou almofada antiescaras, asento xiratorio, colchón antiescaras), para a mobilidade vertical (plataforma para subir escaleiras, plataforma con raíl, cadeira salva escaleiras), para posicionamento (táboas e discos de transferencia, coxín e saba para xirar, chalecos e cintos de protección), para protección persoal (colchón antiescaras, cintos de suxeición), para a comunicación (axudas técnicas para lectura e escritura, comunicación aumentativa alternativa), para o acceso ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación (dispositivos de entrada ás TIC, dispositivos de saída ás TIC), para persoas con discapacidade auditiva ou persoas con discapacidade visual (axudas técnicas para comunicación telefónica, avisadores luminosos, produtos de apoio para o fogar), etc.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.