O Cabo da Cruz será escenario da Liga Galega de Traiñeiras os días 15 e 16 de agosto

11 Agosto 2026

O Concello de Boiro colabora co Club de Remo Cabo de Cruz na celebración da Liga Galega de Traiñeiras que terá lugar os días 15 e 16 de agosto no peirao da dita vila mariñeira e na que se disputarán a XII Bandeira Marina Cabo de Cruz – Concello de Boiro, a XXXVI Bandeira de Traiñeiras Concello de Boiro e a VII Bandeira de Traiñeiras Feminina Rianxeira.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Ramón Dieste, vicepresidente do Club de Remo Cabo da Cruz, Marga Hermo, directora de relacións institucionais de JEALSA, e José Romero, directivo do Club Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz.

As regatas comezan o sábado pola tarde co desenvolvemento da Liga B na que se disputará a XII Bandeira Marina Cabo de Cruz – Concello de Boiro en catro longos e tres ciabogas; e xa o domingo 16 terá lugar primeiro a regata feminina coa VII Bandeira de Traiñeiras Feminina Rianxeira que será a 2 longos e unha única ciaboga, e a continuación a Liga A coa XXXVI Bandeira de Traiñeiras Concello de Boiro a catro longos e tres ciabogas.

Ramón Dieste agradeceu ás entidades colaboradoras polo seu apoio para o desenvolvemento destas regatas e convidou á veciñanza a “presenciar este espectáculo deportivo e apoiar ao Club de Remo Cabo da Cruz que está a facer unha gran tempada”.

A directora de Relacións Institucionais de JEALSA, Marga Hermo, deu os parabéns ao Club de Remo pola gran tempada que está a facer: “Como empresa vinculada ao mar levamos moitos anos patrocinando ao Club de Remo e estamos felices de acompañalos durante tantos anos polos valores que trasladan aos rapaces e rapazas na práctica do deporte do remo”.

Na mesma liña falou o directivo do Club Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz que recoñeceu estar “moi contentos pola colaboración e as sinerxías que durante anos levamos tendo co Club de Remo”.

Pola súa parte, o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, felicitou ao club pola gran tempada que está a facer no camiño do ascenso á liga Eusko Label e convidou á veciñanza a achegarse esta fin de semana ao Cabo da Cruz para “presenciar este gran espectáculo deportivo do remo e tamén para desfrutar da festa gastronómica do produto estrela da nosa ría como é o mexillón”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.