Titiriberia traerá a Rianxo compañías de monicreques de Galicia, Portugal, Aragón, Andalucía, Cataluña, León e Euskadi

11 Agosto 2026
A agrupación Birakolore

O festival de monicreques tradicionais Titiriberia, organizado en Rianxo pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o INAEM, celebrará este verán a súa undécima edición. A programación de espectáculos celebrarase entre os días 18 e 23 de agosto cun cartel que incluirá compañías galegas, portuguesas, aragonesas, andaluzas, catalás, leonesas e vascas. O festival ofreceralles tanto ao público rianxeiro como aos visitantes que estean na localidade nestas datas estivais unha trintena de actividades escénicas. De todas elas, 27 serán espectáculos cuxas funcións se repartirán por diferentes puntos da xeografía rianxeira.

A festa dos títeres

O festival neste 2026 reúne algunhas das compañías máis veteranas do teatro galego de monicreques. Os Monicreques de Kukas, Viravolta, Tanxarina e Trécola, todas elas formacións que superan os corenta anos de historia, pasarán polo festival. As dúas últimas centran senllas exposicións. Trécola protagoniza a mostra que, un ano máis, instalouse nos escaparates de diferentes comercios adheridos á Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE), mentres que Tanxarina exhibe monicreques da súa creación ao longo de catro décadas de carreira profesional no Auditorio Municipal de Rianxo.

Monicreques de Trécola

Outras compañías galegas que pasarán polo festival serán Títeres Alakrán, que presentará a súa nova montaxe o venres 21 ás 21.30 horas no Auditorio de Rianxo: A rosa de papel, unha adaptación ao teatro de monicreques do texto homónimo de Valle-Inclán.

A compañía Seisdedos, pola súa banda, presentará dous espectáculos en Titiriberia: Mamulengo galego, que se dará a coñecer o mércores 19 ás 11.00 horas en Campo Maneiro, Taragoña, e Cantar do ano, que se representará o xoves 20 ás 19.00 no Campo de Arriba.

Conferencia de Toni Rumbao

A histórica formación teatral Airiños volve colaborar co festival Titiriberia e estreará o sábado 22 ás 19.00 horas Retrincos: Sabela e Peito Lobo, adaptación teatral destas dúas historias que forman parte da obra de Castelao Retrincos.

O cartel complétase con compañías procedentes de Portugal (SA Marionetas), Aragón (Titiriteros de Binéfar), Cataluña (Toni Rumbau), Euskadi (Zurrunka Teatro & La Semilla Voladora e El tenderete), Andalucía (Colectivo lobishome) e Castela e León (Rosa Encinas).

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.