“Oubiña, un “guía” perfecto do narcotráfico en Galicia” – Antón Luaces

11 Agosto 2026

Tentouno como autor literario e agora coma guía turístico a,bordo dun catamarán percorrendo os mares de Galicia, sobradamente coñecidos para el. Laureano Oubiña, ex-capo da mafia galega que tinguiu de loito moitas familias desta terra percurou unha ousadía que, desta vez, a Xunta non lle permitiu: poñer en marcha a “Ruta do Narcotráfico” polas rías galega para el tan coñecidas.

Foi un invento e un mal negocio que botou abaixo a Inspección de Turismo de Galicia.

Laureano Oubiña, o autor do proxecto, debeu entender que era chegado un outro momento de navegar nas memorias do contrabando de tabaco para, finalmente, embarrancar, na droga. Volve o fillo das ondas das narcolanchas, dixeron. Todo estaba listo para comezar unha nova andaina, desta vez o 29 de agosto, cousa de días. O excapo que tanta dor trouxo ás familias galegas poñía ás costas o chaleque de mareante. Pero o proxecto non acadou a resposta agardada: incumpría a lei de Turismo de Galicia de 2011 e a ruta marítima era xestionada por unha empresa que semellaba non ser a máis axeitada para asumir actividades turísticas, o que suporía unha vulneración da normativa vixente dado que a comunidade autónoma galega reserva este tipo de servizos exclusivamente a axencias de viaxes autorizadas. E a oferta de Oubiña é, segundo a Xunta, un “paquete turístico”. Como o puido ser pasar do contrabando de tabaco ao narcotráfico. A comercialización era responsabilidade dunha firma adicada decote á venda de libros, merchandising e viños do propio Laureano Oubiña, pero carente de permiso para operar no sector turístico. Pode ser, tamén, que xa non se comunga con rodas de muíño.

“Ruta do contrabando en barco” ou “Ruta do narcotráfico” eran os atraentes nomes cos que Oubiña tentaba revivir -a bordo dun catamarán quen de facer unha travesía de  nove horas de duración con 250 pasaxeiros, con saída e chegada ao porto do Grove e visitas ás illas de Cortegada, Sálvora e Ons.  O propio Oubiña coma mestre de cerimonias, relatando episodios das descargas, primeiro, de tabaco e posteriormente de haxix, que tanta dor ocasionaran nos anos 80 e 90 do século pasado. Un ex-capo da mafia galega relatando -con coñecemento de primeira man- as “aventuras” que comezaran a ser de estraperlista, para seguir coas descargas de café, gasóleo, tabaco e, finalmente, haxix. Relatos para non durmir no mar de Arousa, pasando polas memorias políticas, narcoavogados, tráfico de armas, pazos, viños e acusacións das nais contra a droga.

Como para recomezar!.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.