A ARE reivindica o Paseo da Ribeira (Rianxo) para a contemplación da eclipse

10 Agosto 2026

Entre os puntos estratéxicos que destacamos estes días para a contemplación da eclipse deste mércores 12 de agosto figura o Paseo da Ribeira, no porto de Rianxo. Para gozar e conmemorar o fenómeno (que en si mesmo durará escasos minutos, dende as 20.29 horas, pero cuxos efectos prolongaranse durante un par de horas), a Asociación Rianxeira de Empresas (ARE) argallou un programa con diferentes actividades para desfrutar dun serán marcado por un acontecemento astronómico histórico.

A xornada

A Asociación Rianxeira de Empresas (ARE) organiza o vindeiro mércores 12 de agosto, de 19:00 a 22:00 horas, unha gran xornada con motivo da eclipse solar que poderá observarse desde Rianxo. O evento terá lugar no Paseo da Ribeira (Fonte da Rianxeira) e nace co obxectivo de “converter este acontecemento astronómico nunha experiencia para toda a familia, ao tempo que impulsa a actividade do comercio local”, informou a entidade empresarial.

A programación inclúe o reparto de 200 lentes homologadas para a observación segura da eclipse.

Ademais, a xornada contará con música en directo, grazas á colaboración de Cafetería Castelao, un espazo infantil con globoflexia e tatuaxes, unha paella popular, que será vendida polo CD Unión de Asados para a recadación de fondos destinados ao propio club, e un sorteo presencial de 100 euros.

Coincidindo coa celebración do evento, a ARE desenvolverá unha campaña de dinamización comercial nos seus establecementos asociados. As persoas que realicen compras entre o 4 e o 12 de agosto poderán gardar os seus tíckets e presentalos o día do evento no stand da asociación. Cada tícket válido dará dereito a unha rifa para participar nun sorteo presencial de 100 euros, “unha iniciativa que busca incentivar as compras nos días previos ao eclipse e premiar a fidelidade ao comercio de proximidade”, sinalou a ARE.

A organización desta xornada responde á aposta da asociación por “crear campañas innovadoras arredor de acontecementos de gran repercusión social, convertendo un fenómeno astronómico excepcional nunha oportunidade para atraer visitantes, dinamizar o centro urbano e reforzar o papel do comercio local como motor económico e social do municipio”.

A actividade conta coa participación de diferentes entidades locais, facendo posíbel unha programación variada e aberta a todos os públicos, coa intención de que tanto a veciñanza como as persoas visitantes poidan desfrutar dunha tarde diferente nun dos espazos máis emblemáticos de Rianxo.

Información do evento

Data: Mércores, 12 de agosto.

Horario: De 19:00 a 22:00 horas.

Lugar: Paseo da Ribeira (Fonte da Rianxeira).

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.