Viamare Stock chega en Ribeira á súa XXI edición con mancheas de oportunidades e descontos

08 Agosto 2026

Este venres 7 de agosto abriu as súas portas un dos grandes eventos comerciais, sociais e culturais da tempada de verán no Barbanza: a XXI edición da Feira de Oportunidades Viamare Stock no Malecón de Ribeira, organizada pola Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) coa colaboración do Concello.

A feira celebrarase ata este domingo: os días 7, 8 e 9 de agosto na explanada do porto (no malecón) de Santa Uxía.

Nesta edición participan dúas ducias de comercios, que están a ofrecer aos visitantes unha ampla selección de produtos con importantes descontos, “convertendo a feira nunha excelente oportunidade para apoiar o comercio local e realizar compras de calidade a prezos moi atractivos”, informou a AER.

Como novidade deste ano, a feira pechará ao mediodía de 15:00 a 17:00 horas, quedando o horario establecido do seguinte xeito:

-Venres: de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 22:00 horas.

-Sábado: de 10:00 a 15:00 e de 17:00 a 22:00 horas.

-Domingo: de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 22:00 horas.

Ademais, reservarase un espazo para a Asociación AGAPE, que participará na feira coa súa tenda solidaria.

A AER animou a toda a cidadanía e aos visitantes a achegarse para desfrutar de esta feira.

Esta campaña esta co-financiada pola Xunta de Galicia Comercio Galego.

O posto de AGADEA en Viamare Stock

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.