O Concello de Rianxo conseguiu aforrar 340.000 euros en materia de consumo enerxético

05 Agosto 2026

O Concello de Rianxo, a través do seu alcalde Julián Bustelo, informou este mes de agosto de importantes aforros nas arcas municipais grazas ás iniciativas recentes en materia de eficiencia e sustentabilidade enerxética. Iniciativas como a adxudicación do novo contrato de subministración de enerxía eléctrica das instalacións municipais, que propiciou “un aforro anual aínda maior que o que tíñamos previsto”, sinalou o rexedor.

O novo contrato tramitouse a través do Acordo Marco da Central de Contratación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Resultou adxudicataria Iberdrola Clientes S.A.U. ao presentar a oferta máis económica, algo menos de 450.000€ anuais.

O alcalde indicou que a actuación, que permite ademais regularizar a situación do servizo, súmase “ao labor que se vén executando nestes últimos tres anos dende o Concello” e grazas ao cal a partir de agora o Consistorio pagará uns 340.000 euros anuais menos que no inicio da actual lexislatura.

“Con todo, é probábel que de aquí ata o remate a lexislatura aínda consigamos reducir máis o gasto en enerxía eléctrica, fundamentalmente a través da licitación que está en marcha para a renovación do sistema de iluminación da vila de Rianxo”, engadiu o rexedor, sinalando que “con este novo contrato, o Concello de Rianxo reforza a súa aposta por unha xestión eficiente e responsábel dos recursos económicos combinando seguridade xurídica, transparencia nos procesos de contratación e aforro económico”.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.