Licitadas as beirarrúas e pluviais de Cubeliños en Ribeira

09 Xuño 2020

O Concello de Ribeira informa da licitación dunha nova actuación consistente na dotación de beirarrúas e canalización de augas pluviais a unha zona do barrio de Cubeliños, pertencente á cidade de Santa Uxía.
Cun orzamento de 77.275, IVE incluído, e un prazo de execución de catro meses, o obxectivo fundamental que se persegue con este proxecto consiste en mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria na zona en cuestión mediante a construción dunha beirarrúa de 2 metros de ancho e 330 metros de longo que permita circular aos peóns de forma segura.
Ademais, será instalada unha rede de pluviais formada por 255 metros de tubo de PVC con 315 milímetros de diámetro, 8 pozos de rexistro e 11 arquetas.
Os interesados dispoñen ata hoxe martes 9 de xuño á medianoite para formular as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.
O investimento está incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019 da Deputación.

Cubeliños. Cedida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.