O Hospital do Barbanza estrea nova sala de radioloxía e novos ecógrafos para urxencias e dermatoloxía

31 Xullo 2026

O Hospital do Barbanza presentou esta semana os detalles da súa nova sala de radioloxía e dos novos ecógrafos para urxencias e dermatoloxía. O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou o investimento da Xunta de máis de 410.000 euros, destinado a reforzar a capacidade diagnóstica do Hospital de Barbanza.

O titular da carteira sanitaria, xunto coa delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo; o director xeral de Atención Primaria e Comunitaria do SERGAS, Salvador Mariño-Ageitos; e o xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Ángel Facio, visitou o Hospital Público de Barbanza.

Durante a visita o conselleiro puido coñecer de primeira man o novo equipamento co que se dotou este centro.

Tecnoloxía de vangarda

Gómez Caamaño explicou que entre as melloras se atopa a nova sala de radioloxía de alta tecnoloxía, un novo ecógrafo para o servizo de dermatoloxía e un novo ecógrafo portátil para o servizo de urxencias, dotacións que reforzarán a capacidade diagnóstica do hospital e que permiten seguir achegando tecnoloxía de vangarda á sanidade pública.

A nova sala de radioloxía, que contou cun investimento de case 250.000 euros, mellora a calidade da imaxe, aumenta a precisión diagnóstica, reduce a radiación que recibe o paciente e incorpora ferramentas baseadas en intelixencia artificial, ademais de dispoñer de tecnoloxía de imaxe 3D.

Permite realizar ao redor de 2.100 estudos cada ano, o que incrementa a capacidade asistencial, e compleméntase cun equipo de radioloxía portátil que facilita a atención a persoas con mobilidade reducida.

Ese equipo portátil, que contou cun investimento de máis de 111.000 euros, posibilita tamén ao hospital gañar en axilidade e en precisión diagnóstica.

Así mesmo, o servizo de urxencias, grazas a un investimento de 29.000 euros, mellora notablemente a súa capacidade diagnóstica coa dotación dun novo ecógrafo portátil.

O conselleiro explicou que igualmente “Incorporouse, hai dous meses, logo dun investimento de máis de 21.000 euros, un novo ecógrafo de última xeración para reforzar o servizo de dermatoloxía, que é unha especialidade cunha demanda crecente”.

Este ecógrafo permite realizar unha avaliación máis precisa e inmediata das lesións cutáneas e subcutáneas, dispoñendo de técnicas diagnósticas non invasivas directamente na consulta e mellorando a planificación dos tratamentos cunha asistencia máis resolutiva.

Gómez Caamaño puxo en valor a importante actividade do servizo de dermatoloxía que, no pasado ano, realizou preto de 8.200 consultas e máis de 8.400 citas programadas. Así mesmo, levou a cabo 300 intervencións e centos de probas específicas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.