Este xoves 30 de xullo celebrouse no local da AER a presentación da XXI Feira de Oportunidades Viamare Stock 2026, que se celebrará os días 7, 8 e 9 de agosto no malecón de Santa Uxía, impulsada pola Asociación de Empresarios de Ribeira, coa colaboración do Concello.
Segundo confirmou a patronal, nesta edición participarán 22 comercios, que ofrecerán aos visitantes unha ampla selección de produtos con importantes descontos, “convertendo a feira nunha excelente oportunidade para apoiar o comercio local e realizar compras de calidade a prezos moi atractivos”, engadiu a AER.

Como novidade deste ano, a feira pechará ao mediodía de 15:00 a 17:00 horas, quedando o horario establecido do seguinte xeito:
-Venres: de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 22:00 horas.
-Sábado: de 10:00 a 15:00 e de 17:00 a 22:00 horas.
-Domingo: de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 22:00 horas.
Ademais, reservarase un espazo para a Asociación AGAPE, que participará na feira coa súa tenda solidaria.
Na presentación o presidente da AER, Francisco Martínez Gude, expresou a agradecemento da entidade empresarial a AGADEA pola súa colaboración na elaboración da decoración da feira, un traballo realizado polos seus usuarios.

Engadiu que “a XII Feira de Oportunidades Viamare Stock consolídase un ano máis como unha iniciativa que impulsa o comercio local, dinamiza a economía da vila e se converte nun punto de encontro para veciñanza e visitantes, fomentando as compras de proximidade e poñendo en valor o tecido comercial do municipio”.
A AER animou a toda a cidadanía e aos visitantes a achegarse para desfrutar de esta feira.
Esta campaña esta co-financiada pola Xunta de Galicia Comercio Galego.



