O Concello de Ribeira habilita puntos violeta durante as Festas do Verán

29 Xullo 2026

O Centro de Información á Muller de Ribeira pon en marcha os puntos violeta durante as Festas do Verán da cidade. Estará no mércores, 29 de xullo, na entrada da rotonda en homenaxe ás Amas de Casa, de 23.00 a 03.00 horas; no xoves, 30 de xullo, no Malecón, a carón de Cruz Vermella, de 23.00 a 03.00 horas; no venres, 31 de xullo, novamente na contorna da rotonda das Amas de Casa, de 23.00 a 05.30 horas; no sábado, 1 de agosto, na praza de Pontevedra, de 24.00 a 06.00 horas; e no domingo, 2 de agosto, novamente preto de Cruz Vermella, de 22.30 a 03.00 horas.

Segundo explica a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, a Administración local dá continuidade a esta medida, como xa fixo en anteriores celebracións, para “ofrecer información, atención e acompañamento fronte ás violencias machistas creando estes espazos seguros”.

A edil lembra que o Concello traballa deseguido en contribuír a unha sociedade máis igualitaria con outras accións como, por exemplo, o curso que se impartiu recentemente a establecementos hostaleiros en colaboración coa Dirección Xeral de Violencia de Xénero arredor da Formación sobre o protocolo de actuación ante a violencia sexual e LGTBIfóbica en locais de lecer nocturno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.