A festa da Ameixida celebrarase no 8 de agosto cunha completa axenda de actividades

26 Xullo 2026

A Ameixida, na parroquia de Castiñeiras, celebrará a súa propia festa no 8 de agosto cunha axenda que se estenderá dende a mañá ata a noite tal e como
avanzaron o concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes; o seu homólogo de Deportes, Álex Vidal; e a presidenta da comisión, María Jesús Paz. “Seguimos xuntándonos, divertíndonos e celebrando en cada recuncho do noso municipio e, a principios de agosto, será o momento da Ameixida cun cartel potente que se concentrará nun único día. Haberá actividades para tódalas idades e gustos grazas o traballo da comisión de festas do lugar. Este Concello seguirá apoiando estas iniciativas que dinamizan toda a localidade”, en palabras de Abraldes.

As bombas de palenque anunciarán o comezo da xornada, ás 10.00 horas, para emprender a travesía a nado programa para as 10.45 horas. Máis tarde, de 11.30 a 13.00 horas, a rapazada poderá desfrutar dos inchables, mentres os adultos xogan na praia á petanca por parellas. Xa cara o momento de xantar, ás 13.15 horas, haberá sesión vermú amenizada por Chiña e gran sardiñada.

Os xogos continuarán pola tarde co campionato de cartas Escoba e Tute, ás 15.30 horas; novamente inchables, de 16.00 a 18.00 horas; xogos populares na praia, 17.00 horas; e festa da escuma, ás 19.00 horas.

Tampouco faltará o deporte co partido de fútbol infantil, ás 18.00 horas, e co de adultos, ás 19.15 horas.

Sobre as 20.30 horas ofrecerase unha merendola para repoñer forzas despois de consumir tanta enerxía durante as horas previas e a música chegará coa actuación de Leite con Jalletas, ás 22.00 horas, e sesión DJ, ás 00.30 horas, unha vez finalice o sorteo dunha televisión e entrega de trofeos á medianoite.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.