O debilitamento das altas presións e a entrada de aire atlántico con aire frío en altura poñen fin á estabilidade no suroeste galego. A xornada arranca con ceos moi anubrados e bancos de néboa xerais na franxa occidental, mentres que o sol só resiste no leste de Lugo e Ourense.
A partir do mediodía, a nubosidade irase retirando para dar paso a un descanso de sol e ceos pouco anubrados tanto nas Rías Baixas como no entorno de Compostela. Pola noite posibilidade de chuvascos illados e ocasionais na franxa atlántica. As temperaturas sufrirán un lixeiro a moderado descenso, especialmente na metade oeste. Os ventos soprarán frouxos do sur, sendo do noroeste na metade norte.
O vento soprará frouxo, de compoñente sur nas Rías Baixas e do noroeste na zona norte. Xa pola noite, a inestabilidade reaparecerá en forma de chuvascos illados e ocasionais na fachada atlántica.

O venres 24 agárdanse intervalos nubrados con chuvascos máis intensos e xeneralizados nas horas da tarde, localmente poden ser treboentos.

O noso mar; Vento do sueste á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 1 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.



