A agrupación UCIN Boiro emitiu un comunicado no que denuncia “o estado que presentan diversas rúas do municipio unha semana despois da finalización das festas de verán”. A formación asegura facerse eco das queixas de veciños e comerciantes, que denuncian beirarrúas pegañentas, restos de graxa, contedores en condicións insalubres e malos cheiros que, nalgúns puntos, levan tempo repetíndose. Para o coordinador de UCIN Boiro, Miguel Piqueras, esta situación “reflicte unha grave falta de planificación por parte do alcalde e do concelleiro de Limpeza Viaria”.
E engade: “As festas non terminan cando se apaga a música; tamén hai que organizar a limpeza posterior. É vergoñoso que unha semana despois as rúas sigan nestas condicións e que veciños e comerciantes teñan que convivir con sucidade, graxa e cheiros insoportables. A imaxe que se está dando de Boiro é impropia dun municipio que aspira a ser un referente turístico”.
UCIN Boiro quere deixar claro que a súa crítica non vai dirixida ao persoal de limpeza, xa que “os operarios realizaron un traballo exemplar durante as festas e fan todo o posíbel medios e a organización de que dispoñen”.




