
A rapazada de Boiro vai poder desfrutar este xoves 23 de xullo dunha nova sesión de cinema na rúa no estacionamento do Centro Social de Abanqueiro. Será ás 22.30 horas e proxectarase Amigos imaxinarios.
Amigos Imaginarios (IF no seu título orixinal) é unha película familiar de fantasía e comedia estreada en maio de 2024, escrita e dirixida por John Krasinski. Mestura imaxes reais con animación e está protagonizada por Cailey Fleming e Ryan Reynolds.
Cóntanos a historia de Bea (Cailey Fleming), unha nena de 12 anos que atravesa un momento difícil, descobre de súpeto que ten o poder de ver os amigos imaxinarios (IFs) de todas as persoas. Coa axuda dun veciño (Ryan Reynolds), emprenderá unha misión máxica para reconectar a estes seres esquecidos cos seus nenos orixinais.
Organiza o Concello co apoio da Deputación da Coruña.



