A praia da Ladeira convértese en segunda parada da terceira edición da xuntanza de esculturas de area

20 Xullo 2026

O litoral ribeirense volverá ser escenario para a creatividade da rapazada coa terceira edición da xuntanza de esculturas de area que fará parada no domingo, 26 de xullo, na praia da Ladeira, en Corrubedo, de 10.00 a 20.30 horas. Trátase dunha cita que promove o Concello de Ribeira, coordinada por Suso Paz e que conta coa colaboración de diversas empresas locais. Celebrarase así a súa segunda parada no que vai de ano despois do seu paso pola praia do Porto, coincidindo coas festas de Aguiño.

Poderán participar tódolos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, xunto ás súas familias. O concelleiro de Mar e Promoción do Litoral, Fernando Abraldes, destacou que esta actividade xera “un espazo de encontro interxeracional onde desfrutan tódolos membros da familia. Xa estivemos en Aguiño nas pasadas datas e agora desprazámonos ata Corrubedo para seguir desfrutando deste evento con gran éxito de participación cada verán. Os nosos areais convértense novamente en zonas para a expresión artística, gozando dunha maneira diferente da nosa costa e poñendo en valor os nosos recursos naturais e paisaxísticos vinculados ás zonas marítimas”.

As esculturas unicamente poderán ser realizadas con material e utensilios propios da praia como caldeiros, pas ou rastros e só se permite a auga como método para aglomerar a area.

O equipo de Ágape exercerá novamente de xurado das esculturas, repartindo premios elaborados por SonAgasallo. As inscricións realizaranse na oficina de Turismo con teléfono de contacto 981 873 007.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.