Este mércores 22 de xullo bota a andar unha nova edición da Festa da Xouba de Rianxo. Arrincará cun acto institucional e coa iluminación dos espazos públicos de Rianxo.
Ao día seguinte inaugurarase unha mostra temporal no Pazo de Martelo: Os rostros do noso mar.
O programa inclúe varios días de actividades que rematarán o sábado 25 cunha gran degustación dun dos produtos estrela de Rianxo no Campo de Arriba.
As xornadas inclúen exposicións, espectáculos de luz e música.
Organizada pola Concellaría de Turismo coa colaboración da Consellería de Pesca da Xunta de Galicia e diversas entidades de Rianxo.




