O MUGART recibe a visita dunha delegación do Kunstsammlungen & Museen Ausgburg

17 Xullo 2026

Unha delegación alemá das coleccións e museos do Kunstsammlungen & Museen Ausgburg visitou este venres 17 de xullo o Museo do Gravado de Artes, onde estivo acompañada do primeiro tenente de alcalde de Ribeira, Vicente Mariño; da concelleira de Cultura, Ana Barreiro; e do vicepresidente da Fundación da institución museística, Francisco Javier Expósito.

O doutor Christof Trepesch, director das coleccións de Arte de Ausburgo; xunto a Sara Kein, curadora; e Marie Gaté-Stallforth, tradutora; tiveron un encontro de traballo coa representación ribeirense.

A Coleccións de Arte e Museos de Augsburgo (Kunstsammlungen und Museen Augsburg) son unha institución cultural e unha rede de museos públicos que agrupa os principais espazos de arte, historia e arqueoloxía. Están situadas na cidade histórica de Augsburgo, no estado federado de Baviera, Alemaña.

Trátase dun consorcio que xestiona e protexe o valioso patrimonio artístico e histórico de Augsburgo. A rede non é un único museo, senón que abrangue varias sedes históricas e modernas, con coleccións que van dende a época romana ata a arte contemporánea.

Tamén se presentou o resultado do obradoiro de gravado realizado por sete mulleres usuarias de Ambar entre os días 7 e 17 de xullo. Fixeron cadansúa peza individual seguindo técnica do linogravado e conformarán unha obra conxunto a exhibir no MUGART no vindeiro ano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.