Avanzan as obras de rehabilitación da Casa da Cultura de Boiro

15 Xullo 2026

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras de rehabilitación integral da Casa da Cultura de Boiro, unha actuación adxudicada por 3.6 millóns de euros e que conta co financiamento do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible e o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana mediante o PIREP Local. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, supervisaron este mércores 15 a execución das obras.

Sinalaron que a nova estrutura “vai renovar por completo o edificio actual, construído en 1988, dotándoo de accesibilidade universal e cunha envolvente que garanta a eficiencia enerxética do mesmo”. O novo inmóbel, engadiron, “vai ampliar o existente, pasando de 1.792 metros cadrados a 2.927 para adaptarse ás novas necesidades e servizos, no que van convivir a área administrativa, a biblioteca e o auditorio”.

En canto ao auditorio, que será o gran protagonista desta reforma, ampliará a súa capacidade ata un total de 535 espectadores, unha ampliación do 46% respecto da súa capacidade actual; permitindo o uso flexíbel cunha ocupación do 50%, 70% ou do 100%. O espazo do auditorio completarase con camerinos, espazo de almacén, unha sala polivalente para formación, un vestíbulo principal para a realización de actos e a renovación integral dos aseos.

A biblioteca estará tamén adaptada ás novas necesidades e requirimentos actuais con catro zonas diferenciadas. Contará con espazo para arquivo e depósito de libros; unha aula de estudo con 32 postos; espazo informático con 8 postos; e un espazo específico para ludoteca e actividades infantís. A actuación completarase cunha área administrativa formada por unha zona de traballo para atención ao público, despachos, unha sala de reunión polivalente, almacén e arquivo.

A totalidade do inmóbel contará con accesibilidade plena e universal dende a avenida da Constitución, para o que se vai crear un percorrido con zonas de sombra e descanso a modo de gran vestíbulo exterior con pendentes inferiores ao 70% que permita conectar o edificio coa rúa, ademais de garantir a accesibilidade interior de todo o edificio.

Ademais a construción pasará dunha cualificación enerxética E a unha A, ao contar cun deseño para que o balance de emisións e consumo sexa cero mediante a mellora do illamento térmico, mellora da iluminación cun sistema de moi baixo consumo, sistemas de calidade de aire interior con renovación e sistemas de xeración de enerxía fotovoltaica.

Esta actuación conta co financiamento do Goberno de España a través do Programa de Impulso á rehabilitación dos Edificios Públicos (PIREP) Local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.