
Este sábado 18 de xullo vaise celebrar en Comoxo (Boiro) a tradicional Romaría do Muíño da Señora.
Trátase dunha xornada festiva tradicional que xira arredor deste muíño restaurado e que reúne a veciños e visitantes cunha programación gastronómica e musical
A celebración terá unha marcada vertente festiva e musical, coas actuacións dos gaiteiros de O Ar de Loureda.
As actividades darán comezo ás 13.30 horas cunha visita ao muíño e con degustación de pinchos variados.
Haberá baile tradicional a cargo de Xilbarbeira, que dará paso ao xantar tradicional, a partir das 14.30 horas.
Pola tarde haberá xogos tradicionais e logo unha foliada libre.
O programa tamén inclúe unha actuación estelar do grupo pandeireteiro de Comoxo.
Polo serán, sobre as 19.00 horas, celebrarase unha pancetada.
Organiza a Asociación de Veciños de Comoxo coa colaboración do Concello, a Xunta e a Deputación.



