A orquestra New York substituirá a actuación de Nueva Línea nas Festas do Verán de Ribeira

13 Xullo 2026

O Concello de Ribeira presentou a finais de xuño unha ambiciosa programación para as Festas do Verán entre a que se atopaba a actuación de Nueva Línea para o domingo, 2 de agosto, ás 00.30 horas, no Malecón. Se ben a formación canaria anunciou a saída das súas catro vocalistas nos pasados días, polo que a Administración local se puxo a traballar na busca dunha nova agrupación. A elixida é finalmente a orquestra New York que fará vibrar a cidade na mesma data, hora e localización xa axendadas.

Con data do 7 de xullo, a formación canaria emitiu un comunicado público a través das súas redes sociais anunciando “unha nova etapa musical que implica un cambio na súa formación vocal debido a diferencias na forma de entender e xestionar a imaxe do grupo.” Nesa mesma xornada, a Concellería de Festexos procedeu a contactar cos representantes da orquestra, quen confirmaron os cambios no elenco musical. “Dado que a agrupación xa non será a mesma ao mudar as cantantes da orquestra, o Concello de Ribeira entende que cambia a identidade musical da propia orquestra e isto implica unha alteración substancial das condicións e características iniciais. Por iso, puxémonos a traballar para atopar unha alternativa para a noite do 2 de agosto e cremos que New York é unha moi boa opción que fará desfrutar da música a todo o mundo”, explica o edil desta área, Fernando Abraldes.

O concelleiro tamén aclara que no libro das festas aparecerá igualmente a actuación de Nueva Línea, pois os exemplares foron impresos antes deste cambio repentino na programación

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.