O Mago Teto leva a Boiro (este martes na Cachada) o seu espectáculo “Rock ‘n’ magic”

13 Xullo 2026

Este martes 14 de xullo o Mago Teto estará na Cachada (avenida da Constitución) para achegar un espectáculo de maxia e música para todos os públicos, a partir das 21.00 horas nas escaleiras da Cachada. Trátase do espectáculo Rock ‘n’ magic, Trátase dunha cita organizada pola área de Cultura do Concello co apoio da Deputación da Coruña.

O espectáculo Rock ‘n’ magic, dirixido por Fran Rei, é algo máis ca unha función de maxia, é un concerto de rock and roll no que estará acompañado por Fer Risco, na batería, e Mon Orencio, na guitarra. Deste xeito, os veciños e veciñas de Boiro poderán desfrutar dunha actuación onde a maxia do Mago Teto convive con algúns dos clásicos do rock como Led Zeppelin, Bob Dylan ou Los Suaves.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.