O BNG de Ribeira pide que se arranxen os problemas no subministro de auga no concello

05 Xuño 2020


Vicente Paz, responsábel de asociacionismo e ecoloxismo e Xosé Vázquez, voceiro do BNG

O grupo ribeirense do Bloque Nacionalista Galicia vén de facer públicas unha serie de peticións relativas ao subministro de auga no concello, un servizo que en palabras da agrupación presenta unha serie de eivas que compre arranxar. O BNG recoñeceu que nos últimos días está a recibir chamadas de veciñas e veciños que se queixan polos problemas que ten o subministro nas súas vivendas, principalmente residentes dos barrios de Padín, García Bayón e Monumento, no núcleo urbano de Ribeira, e en Castiñeiras, Ameixida, Martín e zonas de Aguiño como as rúas Celeiráns, Muralla e Rascacú.

O voceiro da formación, Xosé Vázquez Cobas, asegurou que “está habendo un rosario de problemas con rupturas na rede de abastecemento, baixadas de presión e mesmo cortes de auga durante horas”, unha situación que non é de incidencias puntuais, senón que se perpetúa na cidade e nas parroquias.

Segundo fai saber, “é hora de que o Goberno municipal tome cartas no asunto para tentar resolver a situación”. Entre as medidas que se poden tomar, o BNG propón as seguintes: esixir da empresa concesionaria que realice as melloras necesarias para evitar a baixada de presión nos fogares e evitar os cortes na subministración ou as rupturas da rede que nalgúns puntos son reiteradas e causan importantes trastornos na veciñanza. Vázquez Cobas asegura “o desleixo do Goberno fai que a empresa poida estar a incumprir co contrato sen ningunha consecuencia, polo que instan a que se revise o cumprimento das condicións”.

Por último, os nacionalistas lembran que a subministración da auga é un servizo esencial que “nunca debeu ser privatizado”, polo que o BNG traballará para que unha vez remate a concesión en 2024, o servizo pase a ser prestado directamente por parte do concello. “Sería bo para a prestación do servizo, para as arcas municipais e sen dúbida unha mensaxe de que os servizos fundamentais deben ser públicos” concluíu Cobas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.