Adiada ao 24 de xullo a V Carreira Solidaria Móvete pola Diabetes

07 Xullo 2026

A celebración da V Carreira Solidaria Móvete pola Diabetes terá lugar finalmente o venres 24 de xullo na Pobra do Caramiñal. A cita está organizada polo Concello da Pobra do Caramiñal, Anedia, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo, e está aberta á participación tanto de atletas federados/as como non federados/as. 

O programa manterá o desenvolvemento previsto, con inicio ás 20.00 horas e carreiras para as distintas categorías, desde Sub 6 ata Máster, ademais da categoría Zapatilla Inclusiva. A saída estará situada na rúa Fernández Albor e a meta no interior da praza Alcalde Segundo Durán. 

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 22 de xullo ás 14.00 horas a través da web www.carreirasgalegas.com. A participación será gratuíta nas categorías Sub 6, Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16 e Zapatilla Inclusiva, mentres que para as categorías Sub 18 a Máster o prezo da inscrición será de 8 euros. Os dorsais poderán recollerse na praza Alcalde Segundo Durán ata media hora antes do inicio de cada carreira. 

Toda a información sobre a proba, incluído o regulamento e o acceso ás inscricións, está dispoñible na páxina web municipal, apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.