Eduardo Hermo achega unha retrospectiva da súa arte no Lustres Rivas de Ribeira

06 Xullo 2026

Unha nova exposición chega ao Centro Cultural Lustres Rivas enmarcada na programación da Fiestra da Cultura que promove o Concello de Ribeira. Desta volta, a arte de Eduardo Hermo será a protagonista baixo o título de Retrospectiva e conformada por máis dunha trintena de obras, entre óleos e acrílicos.

O acto inaugural será este mércores, 8 de xullo, ás 21.00 horas, para poder contemplar o talento deste artista noiés.

Esta exposición recolle máis de tres décadas de traballo, de aí o seu nome, nas que Eduardo Hermo, quen se considera un creador autodidacta, se ben participou en distintos talleres e cursos ao longo do tempo, plasma nalgunhas das quezas certas pegadas autobiográficas; unhas obras que nacen do impulso íntimo e intuitivo que leva a man cara as cores e pinceis.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión