Ribeira suspende as festas de verán, a feira mariñeira, as patronais e o San Xoán en prazas públicas. Non se poden organizar encontros que superen os aforos previstos o que afecta á Dorna e as festas parroquias

05 Xuño 2020

O Concello de Ribeira decidiu suspender a celebración dos festexos de verán en cuxa organización participa directamente esta administración, tales como as festas de agosto, a feira mariñeira Artemar ou as festas patronais de Santa Uxía.
Esta decisión foi tomada esta mañá no marco da Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19, na que tamén se prohibiu a instalación de cacharelas en solo público municipal durante as próximas festas de San Xoán da noite do 22 de xuño.
Ademais, e coa fin de evitar a propagación de posibles contaxios, o Concello non autorizará durante o período estival ningún evento no que non estea plenamente garantido o control do aforo. Esta medida prohíbe as concentracións da Dorna e as festas populares de todas as parroquias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.